Boas a todos e a todas un día máis ó noso blog!!
O día amenceu cuberto por nubes que avisaban o tempo que nos viña enrriba.
Pola mañá poidemos realizar todas as astividades previstas, pero xa pola tarde o tempo empeorou e algunhas actividades tiveron que ser canceladas pola imposibilidade de saír ó mar pola chuvia e tamén polo vento. Pero aínda así, isto non fixo que os acampadxs perderan as ganas de seguir aproveitando o campamento ó máximo.
Sempre hai un plan B, e o que fixemos pola tarde foron dstintos talleres, para poder resgardarnos da chuvia.
Un dos talleres foi o de aprender a realizar nudos náuticos co grupo das belugas e cos arroaces, ós que lles tocaba vela e wind. Estos dous grupos tamén fixeron outro taller de socorrismo e primeiros auxilios.
Os cachalotes, que a súa actividade era kayak, fixeron un súper karaoke con actuacións inesquecibeis e un taller de fitness para non romper co ritmo que levamos no campamento.
E por último pero non menos importante o grupo das candorcas, que tería realizada a actividade de surfcamp pero fixo un divertido taller de xogos de mesa, rematando a tarde con yoga e relaxación.
A chuvia non nos deu tregua, e vímonos na obriga de facer a velada tamén a cuberto. Esta noite fixemos o Farfan. Xs acampadxs o deron todo cantanto e bailando. Os monitorxs non se quedaron atrás e tamén se uniron a esta competición.
Esperamos que colguedes agora que xa rematou algo máis... Aínda que sexan fotos da choiva!
ResponderEliminarestou agardando o resto de fotos que gustaríame un montón ver...
ResponderEliminarHola, podríais enviar, si tenéis alguna foto de todo el grupo. A los chic@s les gustaría tenerlas.
ResponderEliminarAprovecho para dar las gracias y la enhorabuena a tod@s los/las monitores/as, sois geniales.