Hoxe o día ameneceu nuboso, deixándonos unha marabillosa vista da capilla das Sinas. Pouco a pouco o día foi abrindo e tivemos unha moi boa mañá para as actividades náuticas.
En xeral todas as actividades foron vento en popa, xa que despois de dous días perfecionando a técnica en todas puidemos facer cousas máis dinámicas e máis profesionais.
Por exemplo en Kayak, pola tarde fixemos unha ruta ata a Illa de Arousa, onde puidemos desfrutar de unha das súas praias e gozar tomando un xeado.
Tanto en vela coma en wind o vento estivo da nosa parte e invitounos a navegar.
Sen deixar de lado a paria e o mar, demos un agradable paseo en paddle surf, e desfrutamos relaxándonos na praia.
Tamén desempeñamos as nosas dotes artísticas en Alusinas, onde a capilla do albergue foi representada mediante a técnica de landart.
Un dos marabillosos atardeceres que temos o pracer de ver día si e día tamén,
A velada: unha guerra entre superhéroes onde os acampados tiñan que facer estratexias para que os superheroes loitasen cos seus superpoderes.
Ata mañá!!!!
Comentarios
Publicar un comentario