PRIMEIRO DÍA

Benvidxs ó mellor blog da historia dos campamentos!!!

Hoxe foi un día de benvidas! Comezando en primeiro lugar pola benvida que o entorno das Sinas brindoulle os nosxs acampadxs. O día comezou cuberto e con choiva, pero iso non nos desmotivou para comezar a coñecernos e afrontar o día cun sorriso e con enerxía.

  

                                     


Outra das benvidas viu por parte do noso equipo, que coa realización de xogos e dinámicas de presentación acercounos máis os uns os outros para ir creando a nosa pequena familia das Sinas.


                                  


O mar da ría de Arousa deunos a sua benvida tamén!! Cando monis e acampados mergullámonos para realizar a proba de natación. Todo saíu sobre rodas e poidemos desfrutar dos primeiros momentos xuntos no mar. 

                                    


                                   


                         

                                             

Sobre a temática do campamento onte fixéronse os grupos onde imos realizar as rotacións das actividades, estes grupos son: candorcas, belugas, arroases e cachalotes, como vedes todo está relacionado coa temática mariña.



O día estivo cargado de información de como se vai a levar a cabo o campamento. E de como se dividirán as actividades, que serán náuticas e de terra. Entre as náuticas teremos Windsurf, Kayak, Vela e Surfcamp. Nas de terra teremos Alusinas (as Olimpiadas das Sinas) e Atlantis (aula mariña).


Para ir rematando a primeira entrada do noso blog toca falar do que fixemos pola noite:

Os deuses do templo de Atenea achegáronse As Sinas para dar comezo ás Olimpiadas co encendido da antorcha olímpica. A mesma Atenea foi a encargada de presentar cómo, e qué, imos facer, pero isto xa o iremos adiantando nos próximos días.

Na velada tocou descubrir como eran os monis do noso equipo de pequenos xogando ó "Quen é quen??", desta maneira, todxs fumos durmir coñecéndonos máis a fondo e descubrindo as característacas persoais de cada un e cada unha.


                                    


Espérovos mañán con máis noticias das aventuras que ocorren no noso campamento!!!!


Unha aperta moi grande de todxs xs acampadxs e do equipo de monitorxs!!!



Comentarios

Publicar un comentario